miércoles, 2 de mayo de 2018

ENCONTRO ENTRE DOCENTES DE AUDIOVISUAL EN GALICIA


O venres 27 de abril A Coruña acolleu un encontro -patrocinado polo Concello da Coruña- entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia. Asistimos 39 docentes de 31 centros: 11 de bacharelato de artes, 9 de bacharelato con optativas relacionadas co audiovisual e outros 11 centros con tradición audiovisual.


Entre todas e todos decidimos crear varios grupos de traballo que ao longo dos próximos meses explorarán eidos como a formación de docentes, a elaboración de material didáctico para alumnado e a definición de demandas comúns para a Administración. No horizonte, un segundo encontro a finais deste ano, no que poder establecer en común, coa participación de tódolos axentes implicados, unha folla de ruta para a planificación e desenvolvemento de estratexias, metodoloxías e ferramentas que apoien a labor actual dos docentes e potencien a ensinanza da cultura audiovisual na nosa comunidade.
A ausencia dun programa estandarizado de alfabetizacion audiovisual derivou nos últimos anos nunha gran variedade de proxectos e esforzos de todo tipo levados a cabo dende os centros educativos, comunidade de docentes e profesionais do medio audiovisual; inciativas todas elas que abarcan distintos e diversos modelos de actuación e procedementos metodolóxicos. A Academia Galega do Audiovisual impulsou esta primeira xuntanza, coa intención de propiciar un proceso participativo e de diálogo aberto entre os distintos axentes implicados nestes proxectos e esforzos.



Asistimos ao encontro: IES A Xunqueira I, IES Adormideras (A Coruña), IES As Lagoas, IES Carballo Calero, IES Concepción Arenal (Ferrol), IES Monte Castelo, IES Politécnico de Vigo, IES Ramon  Maria Aller Ulloa, IES Salvador de Madariaga (A Coruña), IES Sanxillao, IES A Cachada –Olloboi (Boiro), IES As Barxas (Moaña), IES de Cacheiras, IES Carlos Casares, IES Chamoso Lamas, IES O Castro (Vigo) , IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz), IES Porto do Son, IES Salvaterra de Miño, CPI As Mirandas (Ares),  CPI Virxe da Cela(Monfero), CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, CEIP A Lama, CEIP do Carballal, CEIP Coiron, Colexio Galaxia, Colexio María Assumpta, CPI Plurilingüe dos Dices  e CEE de Vilagarcía de Arousa







No hay comentarios:

Publicar un comentario