O 21 de decembro os rapaces de 4º
ESO do CPI As Mirandas, xunto cos de Pontedeume e Fene, presentaron nos cines
Duplex de Ferrol as curtametraxes realizadas dentro do proxecto Vidas
Mariñeiras. Un traballo feito integramente por eles coa dirección dos cineastas
Marcos Flórez e Xacio Baño.
Os traballos foron realmente emocionantes e foi estupendo ver
aos alumnos presentando a súa curta, dando importancia a súa obra e a todo o
traballo realizado.
Grazas a todos os que vos achegáchedes á estrea: pais, nais,
profes, xentiña en xeral... e ,en especial, ás protagonistas de “Marea de Mulleres”,
unha curtametraxe que os rapaces quixeron adicar a todas aquelas que co seu
traballo loitaron polos nosos dereitos e liberdades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario