
Na inauguración estiveron presentes ademais de alumnos e
profesores, a directora do CPI As Mirandas, Blanca Cortizas e a Concelleira de
Cultura, Alma Barrón, que foron as que entregaron o premio as gañadoras do
concurso: as alumnas Icía Bermúdez e Yasmina Martínez.
Grazas ao Concello de Ares pola súa colaboración no certame
e a todos os departamentos do colexio implicados neste proxecto.
A exposición estará aberta a todo o público ata xaneiro.
Achegádevos a ela, non vos deixará indiferentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario