No 1º Concurso de Relato Curto "Música, lingua e Valores" que organiza a Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, foi premiada á nosa alumna Verónica Rodríguez (3º ESO). O xurado decidiu por unanimidade, outorgar o premio ao relato "ELA", pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte.
O premio do concurso, consiste na musicalización e edición do relato en versión Narrador + Banda Sinfónica; sendo estreado este verán pola Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.
PARABENS, VERÓNICA!!!!
O premio é especial e innovador: A organización
encargará a un recoñecido
compositor galego a musicalización do
relato no formato “Narrador e Banda Sinfónica”. A partitura (máis o
texto) editarase e
será estreada pola
Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia na súa vindeira xira
2007, no mes de
agosto. Ó/Á gañador/a convidarase a
participar nos ensaios e concerto de presentación da
obra; no que se lle fará
entrega dun
diploma así como
de exemplares editados da mesma. A composición distribuirase para
que poida ser
interpretada por todas as bandas de Galicia.
PArabéns Vero!! Dende a Compañía Infantil de ópera "VIDRIERA" queremos mandarche un forte bico. Estamos desexando escoitar a banda sonora orixinal da túa ELA, seguro que vai ser unha experiencia marabillosa. Bravo por todos eses profes que dun xeito u outro están a visibilizar as artes no noso centro e o talento dos nosos artistas. Felicidades!!
ResponderEliminar