jueves, 30 de marzo de 2017
A alumna Verónica Rodríguez Martínez Gañadora do 1º Concurso de Relato Curto "Música, Lingua e Valores"

PARABENS, VERÓNICA!!!!
O premio é especial e innovador: A organización
encargará a un recoñecido
compositor galego a musicalización do
relato no formato “Narrador e Banda Sinfónica”. A partitura (máis o
texto) editarase e
será estreada pola
Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia na súa vindeira xira
2007, no mes de
agosto. Ó/Á gañador/a convidarase a
participar nos ensaios e concerto de presentación da
obra; no que se lle fará
entrega dun
diploma así como
de exemplares editados da mesma. A composición distribuirase para
que poida ser
interpretada por todas as bandas de Galicia.
jueves, 23 de marzo de 2017
TRABALLOS DO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS. O NADAL EN SUECIA E PERÚ
Presentamos todo o traballo realizado durante o trimestre sobre o nadal, tanto en Suecia como en Perú. Os rapaces de 1º ESO prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións,así como as presentacións das costumes e tradicións de cada país. Os rapaces de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia, e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad.
O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.
miércoles, 15 de marzo de 2017
BOOKTRAILERS
Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre o Booktrailer como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a pena ler o libro en cuestión.
Aquí tedes algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e animámosvos a que creedes os vosos booktrailers.
martes, 14 de marzo de 2017
OS ESCORNABOTS CHEGAN AO COLE
Hoxe, inauguramos unha nova actividade na biblioteca, "Os Escornabots".
Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, o seu obxetivo é acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, o seu obxetivo é acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.
miércoles, 8 de marzo de 2017
HOMENAXE AS MULLERES DESDE O CPI AS MIRANDAS
Todos os días semellan iguais mais este 8 de marzo o
queremos celebrar dun xeito
especial, lembrándolle á
sociedade que tod@s
temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da igualdade en
todos os ámbitos da
vida.
Velaí vai este recoñecemento a
todas as mulleres e o noso desexo dun mellor futuro para todas. Grazas,
avoas, nais, fillas, irmáns,
amigas e mulleres
todas por saber escribir a
historia con
tinta indeleble e
por deixar a vosa
pegada nas nosas
vidas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)