Hoxe ás 11:00h da mañá tivo lugar no Gaiás a entrega dos
premios do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) nun acto onde a
Consellería de Educación e o conselleiro
Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á
carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir
de referencia para o conxunto da comunidade educativa (7 centros premiados de
toda Galiza).
A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira
e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para
recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro
de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os
docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino,
adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro.
Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben
merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado
deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a
colaboración das familias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario