Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros
de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do
noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar
nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas
que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda,
recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á
infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,
o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal,
un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa
banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus
familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través
do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the
Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para combater a desnutrición
infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre estará connosco e
apoiará esta causa coa súa presenza,
participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.
ORGANIZACIÓN
ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto
deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola
Avda de Mugardos.
Infantil e Primaria: A carreira terá lugar no pavillón do colexio.
Agradecemos a todo o
alumnado a súa participación e
solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar
aos nosos corredores solidarios.
Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS,
Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario