No noso colexio continuamos a recuperar as nosas tradicións
e o noso patrimonio inmaterial e así quixemos dedicar unha xornada para a
celebración do Magosto. Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños...
para recoller as castañas; logo degustamos as saborosas castañas asadas e para
axudar á dixestión, xogos populares no pavillón: letras corporais para formar a palabra
Magosto, baile da castaña, carreiras con castañas en culleres e volta coa
castaña entre as pernas, baile da vasoira, etc. UNHA XORNADA XENIAL!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario