
Na ESO comezamos as actividades
coa I Carreira de disfraces “Dulcess Lessons”, carreira lúdico-deportiva
encamiñada a recadar fondos para a construción dunha escola infantil en Iringa
(Tanzania). A nosa compañeira e atleta Paula Mayobre patrocinou e acompañou ao
alumnado nesta actividade, na que se repartiron premios aos corredores e ao
mellor disfraz.
Tamén tivemos a entrega de
premios da IV Semana Problemática organizada polo departamento de matemáticas e
as finais do campionato de fútbol sala organizado polo departamento de
Educación Física. E para rematar, que mellor que facelo bailando coas
coreografías que os rapaces e rapazas da ESO montaron con tanto entusiasmo. A
verdade é que o fixeron espectacularmente.
En Infantil e Primaria non
puideron saír pola vila pero aínda así, desfilaron polo patio cuberto para
todos, incluídos os pais e as nais e os centos de reporteiros gráficos que ata
alí se achegaron. E...sorprendéronnos cos seus disfraces. Este ano o tema era o
tempo atmosférico. Non faltaron os lóstregos e nubarróns, as chuviscadas e as
nubes, as pingas de auga e o arco da vella, o sol ( que aínda que non nos
acompañou na xornada, estivo moi ben representado polo noso secretario Juan).Tamén
tiveron presente o coidado do medio ambiente cos disfraces de reciclaxe e as
pancartas reivindicando o coidado do planeta. A verdade é que tod@s alumnos/as,
profesores/as merecían un premio por colaborar para lograr un espectáculo de
tanta talla. E logo do desfile degustaron postres típicos do entroido que
amablemente prepararon as nais dos alumn@s.
FELIZ Entroido a todos e todas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario