jueves, 27 de noviembre de 2014

CHARLA SOBRE DROGODEPENDENCIA

Organizada polo departamento de orientación tivemos hoxe unha charla moi interesante  sobre a problemática das drogas e o risco que supón mergullarse nese mundo.  O protagonista da mesma foi Mario  un  xoven de Ares que, acompañado de Fernando (garda civil que xa coñecemos por ter impartido xa varias charlas aos alumn@s), quixo compartir a súa testemuña para que os rapaces saiban o fácil e perigoso que é cruzar esa delgada liña vermella e o difícil que é sair dese mundo.
As veces as  experiencias  contadas en primeira persoa axúdannos a ollar doutro modo a realidade, neste caso, o mundo da droga. Mario transmitíu dun modo emotivo e pedagóxico o inferno que supuxo a droga na súa vida e na da súa familia e amigos.  Dende aquí queremos darlle as grazas por ter o valor e a boa vontade de falar ante os alumnos de temas que son difíciles de afrontar e ademais, de facelo dun modo totalmente altruista.
 En palabras de Mario  “con tal de que esta charla sirva para evitar que un rapaz ou rapaza  se dé conta de que vai polo camiño equivocado e que rectifique a tempo, xa me conformo”.

Como dixo Fernando (o garda civil), a reinserción é sempre algo difícil e depende dun mesmo, de querer sair deste mundo e de ter a vontade de facelo. Penso que Mario pouco a pouco vai a reencontrar o seu camiño e a vida que como el mesmo dixo, perdeu en todos eses anos de cegueira e vacío. Llo desexamos de todo corazón. Grazas Mario  pola túa testemuña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario