Os alumnos/as do noso colexio recibiron esta mañá o II Premio do Programa
Meteoscolas, un programa educativo promovido pola Xunta de Galicia co obxectivo
de mellorar o coñecemento do clima galego na escola.
Os alumnos e alumnas do centro, coa supervisión do profesorado,
encargáronse de recoller a diario durante o pasado curso os datos
meteorolóxicos relativos a precipitacións ou temperaturas para despois proceder
á súa análise, coa axuda de Meteogalicia, e obter unha serie de datos
estatísticos coa posterior creación dos seus climogramas correspondentes.
Ademais, o resultado das medicións foi publicado cada día na páxina web do Concello, que colaborou co colexio nesta iniciativa, así como en distintos edificios públicos, para proporcionar aos veciños e veciñas a información diaria relativa ao clima.
No acto celebrado esta mañá no Casino Aresano que contou, entre outros, coa presenza do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, o asesor de innovación educativa da Xunta de Galicia Alberto Sacido, a directora do centro educativo, Blanca Cortizas, o alcalde Julio Iglesias e o concelleiro de educación, os 120 alumnos de educación infantil, 250 de Primaria e 70 alumnos da ESO que participaron no proxecto, recibiron o segundo premio que constata o recoñecemento ao esforzo polo traballo desempeñado durante os meses que durou o programa.

Desde aquí queremos dar a en hora boa ao profe de física Jorge Gutiérrez
por coordinar todo o proxecto no centro, así como a todos os profesores/as e
alumnos/as que traballaron arreo durante todo o curso no proxecto meteoescolas.
Felicidades por ese traballo ben feito!!!
Noraboa a todos, nenos e profes participantes, e a ti tamén, Yoli, polo teu gran traballo.
ResponderEliminarGracias tamén a tí Jorge,por ser o "alma mater " do proxecto e pola túa gran labor de coordinación.
ResponderEliminar