O xoves 20 de xuño despedimos, nun pequeno acto, ao alumnado de 4º da ESO e, que mellor que este último día de clase para recoñecer o traballo de alumnos/as e profesores/as que traballaron activamente durante todo o curso.
Despois de ver un pequeno vídeo no que lembramos o paso dos nosos alumnos/as polo centro, a nosa directora Blanca e os titores de 4º, Esperanza, Georgina e Jorge, entregaron as orlas aos alumn@s desexándolles o mellor e moita sorte na súa nova andaina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario