martes, 30 de abril de 2013
lunes, 29 de abril de 2013
Semana do libro:
Esta semana para celebrar o día do libro, tivemos con nós a Jacobo Fernández Serrano, autor e ilustrador do libro "Mil cousas poden pasar" lido polos alumnos do 3º ciclo de E.P.
martes, 23 de abril de 2013
PREGUNTÓN 4ª SEMANA
Aquí van as preguntas desta 4ª semana. Desta vez tedes unha pregunta xenius que vale 5 puntazos. Picade encima dela para vela en grande xa que a visualizaredes mellor.
jueves, 18 de abril de 2013
VISITA DO ILUSTRADOR GRÁFICO ANTONIO SEIJAS AO NOSO COLE
Hoxe tivemos
o pracer de contar no noso colexio coa presenza do ilustrador gráfico
aresán Antonio Seijas. Toni que ven
de gañar o premio Isaac Díaz
Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012 pola adaptación da novela Cartas de Inverno de Agustín
Fernández Paz, fixo un percorrido
pola súa obra e falou aos rapaces e rapazas da ESO sobre como “dou a luz” á novela de Agustín Fernández
Paz, sobre como puxo rostro aos personaxes, sobre a técnica utilizada na súa creación,
a montaxe das viñetas, a relación entre a imaxe e o texto …, nunha incrible exposición
didáctica.
Pero de todo o que dixo quedámonos co consello que
Antonio lles dou aos rapaces e rapazas e que reflicte toda a paixón e emoción
que pon na súa arte dixital:
“ Se alguén de vós quere facer algo relativo a isto que o faga poñéndolle toda a súa alma; a técnica non importa tanto como a idea que queres plasmar. Unha imaxe bonita ten que dicir algo máis que o que é, ten que transmitir emocións, así que, ao que fagades, tedes que poñerlle alma e facelo co corazón xa que ese é o xeito de que chegue ás persoas”. E iso mesmo é o que fai Antonio, repartir emocións a través da imaxe e facernos soñar máis aló do noso maxín.
“ Se alguén de vós quere facer algo relativo a isto que o faga poñéndolle toda a súa alma; a técnica non importa tanto como a idea que queres plasmar. Unha imaxe bonita ten que dicir algo máis que o que é, ten que transmitir emocións, así que, ao que fagades, tedes que poñerlle alma e facelo co corazón xa que ese é o xeito de que chegue ás persoas”. E iso mesmo é o que fai Antonio, repartir emocións a través da imaxe e facernos soñar máis aló do noso maxín.
Grazas Antonio pola visita ao noso centro que é o teu, polas túas palabras e
consellos, por engaiolarnos coa túa creación e por ser un orgullo para todos os
aresáns.
Marisa, a profe de EPV, presentando a Antonio Seijas
Dous momentos da exposición de Antonio Seijas
Antonio con Vilariño, quen veu a exposición de Seijas e aproveitou para que lle firmara un dos seus libros. Por certo, Vilariño foi profesor de debuxo de Antonio cando iste estudaba no cole de Ares.
Firmando os libros
Antonio Seijas fálanos da Banda deseñada
martes, 16 de abril de 2013
GAÑADORES DA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO DA ONCE
Por segundo ano consecutivo un grupo de alumn@s do noso cole quedan gañadores provinciais do Concurso Escolar Once. Este ano baixo o lema "A cápsula do tempo: a aventura de construír o futuro"os nosos alumn@s imaxinaron como sería a sociedade do mañá en relación á dispacidade e á igualdade de oportunidades. O equipo gañador foi "As cambiaconciencias", formado por Judith Rouco, Laura Pita e Sara Martínez, alumnas de 3º da ESO. Tamén participaron no concurso o grupo "Aresáns solidarios" formado por Felipe Crespo, Antonio Lemos, Ainhoa Somorrostro e Lucía Buyo, que aínda que non gañaron, fixeron un estupendo traballo. En hora boa a todos e cada un deles.
Aqui vos deixamos o vídeo gañador.
viernes, 12 de abril de 2013
martes, 9 de abril de 2013
SOLUCIÓNS AO PREGUNTÓN DA 1ª SEMANA
Ola a todos e todas aquí tedes as solucións as cuestións da 1ª semana. A verdade é que a maioría de vós contestáchedes moi ben a todas. Podedes seguir as vosas puntuacións no tabolerio situado no corredor.
jueves, 4 de abril de 2013
IMAXINA CANTARES…
Coincidindo
co Día de Rosalía e coa celebración do 150º aniversario da publicación de
Cantares Gallegos o alumnado de infantil 5 anos presentouse ao concurso Imaxina
Cantares!, organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este concurso ten como obxectivo que os máis novos poidan gozar da
obra rosaliana a través de producións en soporte audiovisual. Con esta
iniciativa, o significado dos versos de Cantares Gallegos reinterpretanse nas
formas de expresión máis atractivas para os alumnos e alumnas de hoxe, sempre
sen perder a esencia que os consagrou como universais.
Así,
os pequerrechos de infantil de 5 anos dirixidos polas súas profesoras,
realizaron un mural sobre Rosalía e recitaron de forma explendida os seus poemas. Aquí tedes o fermoso resultado de tan bo traballo. En hora boa aos pequerrechos e a súa profe.
OBRADOIRO DE CANTO E BAILE A CARGO DE EMILIO MESÍAS FARÍAS
O EDL organizou
un "Obradoiro de iniciación ao canto e o baile” impartido por Emilio Mesías. Mediante o baile os alumnos tomaron
consciencia do espazo e das partes do seu corpo ademais de traballar e aprender
cancións infantís con rítmicas sinxelas acompañadas de bailes, movementos e
xogos. Desde aquí damos as grazas a Emilio pola colaboración desinteresada
na realización deste obradoiro.
Aquí tedes un pequeno
vídeo do que foi a actividade.
Powered by
Issuu
Publish for Free
lunes, 1 de abril de 2013
COMEZAMOS "O PREGUNTÓN"
Ola amigos e amigas "preguntóns", xa estamos de novo co noso concurso estrela. Sei que este ano estades máis que preparados e motivados para contestar a todos os retos que vos vaiamos propoñendo. Xa sabedes que cada martes colgaremos 4 cuestións que poden ser preguntas, adiviñas, un xogo...para resolver e depositar antes do luns seguinte na furna que estará colocada no corredor. Ollo!!!, non se recollerán as respostas que sexan entregadas fora de prazo.
Aquí deixámosvos as primeiras preguntas correspondentes a este martes 2 de abril. Xa vedes que son moi sinxelas, pero non vos preocupedes que haberá sorpresas.
Vamos... preparados, listos, xaaaaaa!!!!!
CUESTIÓNS DO MARTES 2 DE ABRIL
(Para ver mellor as preguntas, premede enriba
delas)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)