martes, 11 de octubre de 2011

Xa esta aquí o II día da ciencia en Galego (Venres, 4 de novembro de 2011). Este ano, a Química fala galego.



O día 4 de novembro de 2011 celebraremos o II Día da Ciencia en Galego dedicado a exaltar o papel da Ciencia e da Tecnoloxía na creación e profusión da Cultura Galega. A actividade realízase en toda Galicia o mesmo día.
Este ano celébrase o Ano Internacional da Química. Conmemórase o premio Nobel de Química concedido a Marie Curie no 1911 polo seus descubrimentos dos novos elementos Radio e Polonio. Marie Curie é a primeira persoa que recibe dous premios nobeis (de Física e Química), e posteriormente só houbo outra persoa. É a primeira muller que recibe un premio Nobel, é a primeira muller que dá clases na Universidade da Sorbona,... fai os seus descubrimentos estando fóra da Universidade, antes de que sexa nomeada profesora, e tendo dúas fillas (unha delas premio Nobel, tamén). Razóns de sobra para homenaxeala neste día Galego da Ciencia.
Así, o 4 de novembro homenaxéase a Marie Curie e á matemática galega Mª Wonenburger, facendo tamén unha homenaxe ás primeiras mulleres que dan clase, fan ciencia, e cambian para sempre a maneira de ver o papel da muller na ciencia.

Na wikipedia galega podemos ler: Marie Curie e Mª Wonenburger

Desde aquí propoñemos unha serie de experimentos super-divertidos para que todos os realicedes. Atrevédevos.


                             
 

3 comentarios:

  1. Que interesante Yoli!. É unha gran iniciativa. Estou seguro que algo argallaremos.
    Unha apertiña!
    XAco

    ResponderEliminar
  2. OK. Xa sabes si necesitas axuda, aquí estamos!!

    ResponderEliminar
  3. E algo argallamos. Todo un éxito a conferencia da profesora da USC. ATA respondeu unha das nosas preguntas: Como recuperar os terreos queimados en Ourense? realizada por José Manuel, alumno de 1ºB. En hora boa a todos os alumnos e alumnas do noso centro polo seu interese e boa actitude.

    ResponderEliminar