domingo, 18 de septiembre de 2011

...BENVID@S AO NOVO CURSO ESCOLAR 2011-2012

Xa pasaron as vacacións e, de novo, o colexio abre as súas portas. Empezamos un novo curso, con moitos proxectos, moitas cousas fantásticas que aprender xuntos e tamén con moito traballo.
Un curso máis cargado de ilusión, con moitas ganas de levar a bo termo os proxectos do noso Centro, no que esperamos seguir como ata agora contando coa vosa axuda e colaboración.
Periodicamente irán aparecendo no noso blogue, novas entradas que esperamos vaiades lendo e comentando. Parécenos que pode ser útil para todos.
Por iso, a todos, pais e nais, mestres e mestras,profesores e profesoras e, en especial, a todo o noso alumnado

FELIZ CURSO 2011-2012!

Ánimo..., estudar e gozar no voso centro educativo.


E agora, que mellor maneira de empezar que lendo un poema e escoitando unha versión do mesmo cantada polo cantautor galego Luís Emilio Batallán. É unha pequena homenaxe a un dos nosos grandes escritores galegos, Álvaro Cunqueiro.
Espero que vos guste e vos anime a ler algo máis deste gran xenio da nosa  literatura.

QUEN PUIDERA NAMORALA

No niño no vó do vento
hai unha pomba dourada.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo

A. Cunqueiro.

2 comentarios:

  1. Nunca me deran a benvida a un novo curso con tanta sinceridade e aínda menos regalándome ollos e oídos con un dos meus poemas favoritos. Grazas Yoli. Benvida ti tamén a este curso 2011-2012.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas Luisa. Bo curso para tod@s!!!

    ResponderEliminar