O LARI vai colgar no noso blogue de Normalización (tesmoitalingua.blogspot.com) un macropreguntón. Sinceramente, pola información que se filtrou, creo que se deixou levar polo afán de preguntar; pero, aínda así, propón un reto con premio, que a non ser que sexas un C....ÓN, tes que intentar resolver. Claro, así de repente vai resultar unha inxesta, polo que nos propón unha inmersión gradual, aos poucos.
Entón, como se vai facer? Mira, de momento cada luns, mércores e venres vai aparecer no blogue unha cuestión que debes resolver buscando a solución por internet ou nos libros da biblioteca.
Quen pode participar? Todo o alumnado da ESO, logo de formar parellas (estables) e de formalizaren a unión no rexistro civil da axencia de Yolanda, Luísa ou Xoán.
Que fago coas respostas? Unha vez á semana, os luns, entregarédeslles as tres respostas aos responsables da actividade. Dese xeito, iranse rexistrando os acertos acumulados para dar cos gañadores ao remate da proba.
Esta blogue non o entendo... simplemente iso... total sacades fotos por aquí fotos por alá vídeos por aquí e por acolá e nada vai ó blogue...
ResponderEliminar