miércoles, 2 de diciembre de 2009

VISITA EXPOSICIÓN "GEORGE NELSON"

O pasado 21 de outubro, mércores, as profesoras de francés, galego e plástica levamos os alumnos de 1º de ESO e 4º de ESO (plástica), á Fundación Pedro Barrié de la Maza, a ver a exposición adicada ao arquitecto e deseñador George Nelson. Fixemos unha visita guiada e máis un obradoiro.
A mostra amosa a traxectoria de George Nelson ( 1908-1986) arquitecto, deseñador, publicista, pensador. Creador de emblemáticas iconas do deseño americano dos anos 50. Deu forma tras a II Guerra Mundial ao concepto de deseño moderno especialmente adicado á casa e aos espazos de traballo.
Foi unha visita moi proveitosa e que seguimos con gran interese.


Mural feito polos alumnos no obradoiro

     Os rapaces traballando no obradoiro

A continuación podedes ver unha reportaxe fotográfica da xornada


                        

-------------------------------------------------

CONCURSO: “CREACIÓN DUNHA MASCOTA PARA O BLOGUE”

Desde o E.N.D.L. gustaríanos que colaborásedes na creación dun logotipo ou mascota que identifique e se constitúa como imaxe representativa do mesmo.

Esperamos a vosa colaboración e todas as suxestións que queirades facer.

ANIMO E MANS A OBRA...

4 comentarios:

  1. A visita a maxia da robotica foi moi diverida e interesante sobre todo cando estivemos a traballar cos robot.

    ResponderEliminar
  2. Esta moi ben eso da mascota

    ResponderEliminar
  3. XAVIER GARCÍA DA SILVA 3º A3 de febrero de 2010, 14:45

    Pareceume unha actividade moi entretida e divertida en todo momento pola forma de relatar as historias e o sentido do humor dos contacontos.Todas as historias gustaron moito ,pero en particular o conto de Manolo.

    Manolo era un home que apostara cos seus amigos non falar duranta todo o día. E así o fixo, expresándose mediante sons e sen pronunciarpalabras. Ata que nunha ocasión atopouse cunha muller despampanante que lle preguntou o seu nome, ó que o home respondeu:" Manolo". E foi así como perdeu a súa aposta.

    ResponderEliminar