jueves, 30 de enero de 2025

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2025

 Hoxe 30 de xaneiro, o noso colexio celebrou o Día Escolar da Paz e da Non Violencia cunha serie de actividades que nos uniron a todos e todas na busca dun mundo mellor. A xornada comezou coa elaboración dun fermoso mural que representaba un tren da paz. Cada vagón levaba unha mensaxe especial, un recordatorio de que a paz se constrúe a través do respecto e a comprensión. Os alumnos e alumnas colaboraron na creación deste símbolo de unión e esperanza.

A continuación, un grupiño de alumnos/as representando a cada curso deron lectura a un manifesto pola paz onde nos comprometemos a ser embaixadores da paz no noso día a día. A celebración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia non só nos recordou a importancia de vivir en harmonía, senón que tamén nos inspirou a seguir traballando xuntos por un mundo mellor.

Para pechar a celebración, todos xuntos cantamos a fermosa canción “A peor xogada”, composta no CEIP de Caión. Ao ritmo desta melodía, os rapaces e rapazas das Mirandas quixeron transmitir unha poderosa mensaxe: respectando as diferenzas e valorando a súa riqueza, podemos camiñar xuntos. Non hai muro que nos separe se estamos unidos na busca da paz.

CANCIÓN



LECTURA DO MANIFESTO




MURAL


jueves, 23 de enero de 2025

UN CONTO COLABORATIVO PARA O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 Os alumnos do CPI Virxe dá Cela  e o CPI As Mirandas uníronse nunha actividade colaborativa para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Esta centrouse na interpretación dun conto que transmitía unha poderosa mensaxe: a pesar dos conflitos e guerras que existen no mundo, sempre hai esperanza para construír un futuro en paz.

 A través da interpretación, os alumnos non só mergulláronse no relato, senón que tamén reflexionaron sobre a importancia da paz e a non violencia nas nosas vidas cotiás e lograron transmitir unha mensaxe clara: aínda que o mundo enfronte desafíos, sempre hai espazo para a esperanza, a colaboración e o soño dun mundo en PAZ.