Marzo marzador, de noite frío e de día calor; Marzo ventoso e abril chuvioso traen a maio florido e fermoso... Estes son algúns dos meteorefráns que podedes ollar no estupendo vídeo que fixeron os nenos das clases de terceiro A e B. Nin Pemán nos seus mellores tempos o fixo mellor. En hora boa aos peques e a súa profe. Premede no vídeo para velos.
lunes, 30 de marzo de 2015
miércoles, 25 de marzo de 2015
III CONCURSO RELATO CURTO CONCELLO DE ARES
Por terceiro ano consecutivo o Concello de Ares organiza o III Concurso de Relato Curto. Despois do magnifico obradoiro sobre relato curto que realizou o profesor e escritor Fernando Díaz-Castroverde, de seguro que non teredes ningún problema en deixar voar o voso maxín e poñervos mans a obra para presentar as vosas creacións ao concurso. Ánimo... e a contar!!!
Aquí vos deixamos as bases.
APRENDEMOS A CONTAR
Homer Simpson, nocilla, nave espacial, piollo, zombi. Como enfías todas esas ideas para artellar un relato?. Con esa suxerencia motivadora, o profesor e escritor Fernando Díaz-Castroverde, tentou provocar a creatividade literaria no imaxinario do alumnado da ESO.
Ao longo da sesión de obradoiro que impartíu, propuxo diferentes métodos imaxinativos para rachar coa habitual obstrución que nos dificulta a creación literaria. Todo serve como material narrativo, todas as formas de presentalo son útiles para botar a contar.
Perdemos o medo. A contar!!!
martes, 24 de marzo de 2015
CERTAME DE CINEMA OUFF ESCOLA
A Concellaría de Cultura,
Normalización Lingüística e o Festival de Cine Internacional de Ourense, en colaboración coa Secretaria
Xeral de Política Lingüística, convoca o VI
Certame de Cinema OUFF Escola, dentro da 20 edición do Festival de Cine
Internacional de Ourense, que se celebrara entre o 14 e o 22 de novembro de
2015. 0 Certame de Cinema OUFF Escola nace co obxectivo de impulsar o uso do
idioma galego entre a mocidade, coñecer a vision desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a
creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para
o alumnado, que contribúa a xerar un espírito critico. Este Certame pretende,
así mesmo, potenciar o uso das tecnoloxías da información e comunicación nos
centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual
feito nas aulas.
miércoles, 18 de marzo de 2015
3º CICLO .CORUÑA:CONCERTO -DOMUS-CASA DAS CIENCIAS
HOXE OS RAPACES E RAPAZAS DO 3º CICLO FIXEMOS UNHA VIAXE A CORUÑA.
ESTIVEMOS NO PALACIO DA ÓPERA PARA ASISTIR A UN CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA :" A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO"
LOGO ESTIVEMOS NA DOMUS ,ONDE APRENDIMOS MOITAS COUSAS CURIOSAS.TAMÉN XANTAMOS ALÍ ,TODOS XUNTOS, .POR PRIMEIRA VEZ PARA OS NENOS DE 5º FIXEMOS UNHA COMIDA ENTRE COMPAÑEIROS.
XA POLA TARDE NOS DESPRAZAMOS A CASA DAS CIENCIAS. ALÍ TAMÉN VIMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES.EN DIRECTO VIMOS O NACEMENTO DUN POLIÑO , COMO ROMPÍA O OVO E ÍA SAINDO POUCO A POUCO.TAMÉN SUBIMOS A UNHA SESIÓN DE PLANETARIO,ONDE NOS EXPLICARON MOITAS COUSAS, ENTRE ELAS O QUE ERA UN ECLIPSE E QUE O PODEMOS VER O VINDEIRO DÍA 20 POLA MAÑÁ.
CHEGAMOS DE VOLTA UN POUCO CANSOS(XA ERAN AS 19H.)
PASÁMOLO MOI BEN.PERO TEMOS QUE PROMETER QUE A PRÓXIMA VEZ SABEREMOS PORTARNOS UN POUCO MELLOR( algúns,claro). DE ACORDO????
NÓS LEMOS, E TI...?
Co fin de promover a cultura galega a través da literatura infantil e xuvenil a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) xunto coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), organiza o concurso escolarNós lemos, e ti? destinado a lectoras e lectores que estean estudando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria.
lunes, 16 de marzo de 2015
VISITA A UNHA EMPRESA DE ECONOMIA SOCIAL
No
noso cole xa levamos varios anos presentándonos ao Concurso Escolar ONCE, con
moi bos resultados, por certo. Este ano o lema é “Persoas que pensan en persoas”:
apoia a economía social. E hoxe os alumnos e alumnas de 5º de primaria foron,
por xentileza da Fundación ONCE, a visitar unha empresa de economía social dedicada á “lavandeiria
industrial”. Unha empresa que aposta pola integración laboral das persoas con
discapacidade a través da creación de emprego estable e de calidade e que impulsa
o desenvolvemento de plans de formación dos traballadores/as para aumentar as
súas capacidades e competencias.
Nada
máis chegar recibiunos moi amablemente o seu director Rafael Pichel quen nos explicou de xeito moi
didáctico o que era iso da economía social, aínda que non tivo que afondar
moito xa que os rapaces e rapazas sabían perfectamente o concepto (mira que son
listos estes nenos). Explicounos tamén, interrompido polas moi pertinentes preguntas
dos alumn@s, que se dedicaban a procesar toda tipo de roupa que se xenera nos
hospitais, hoteis, empresas, residencias.. Logo amosounos como era o proceso de
traballo antes de ir ver, cos nosos propios ollos, o funcionamento. E alá fomos. Enfundados coas camisetas que nos
regalaron, comezamos o noso percorrido polas instalacións. E puidemos ver todo
o proceso da industria, dende o desembarco
da roupa sucia, ata a súa clasificación para o lavado, as inmensas maquinas que
lavan máis de media tonelada de roupa nunha hora, o proceso de secado,
planchado e posterior embalaxe para devolvelas limpas e resplandecentes aos
seus lugares de orixe. Neste percorrido tamén nos acompañou Luís, que é o xefe
de produción da planta.
E
durante o percorrido atopámonos traballando a Claudio, un operario Xordo co
cal, sorpresa!!, puidemos comunicarnos un pouquiño grazas aos nosos pequenos
coñecementos da lingua de signos que nos ensinou Luísa, a profe de lingua de
signos do noso cole. Como “fliparon” os rapaces e rapazas. Podedes ver o vídeo
máis abaixo.
E
xa rematada a visita volvemos con Rafa á sala de reunións onde os rapaces
volveron a facerlle unha morea de preguntas. Para rematar regalounos unhas
estupendas bolsas/mochilas que nos van vir
moi ben para meter as nosas cousiñas.
A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer.
Aquí tedes o vídeo-resumo.
A verdade é que foi unha visita moi instrutiva e gratificante. Grazas a Rafa por amosarnos como traballa unha empresa pioneira e innovadora que mantén o equilibrio entre os valores económicos e sociais. E graciñas tamén aos traballadores e traballadoras que tan amablemente aturaron a nosa visita. Foi todo un pracer.
Aquí tedes o vídeo-resumo.
lunes, 9 de marzo de 2015
AS NOSAS ALUMNAS NA VI EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE

Trátase pois, dunha competición na que os diversos equipos
inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. A actividade
desenvolverase nunha fase inicial de investigación e argumentación de ideas na
rede e unha fase final de debate dialéctico.
O día 7 de marzo tivo
lugar nas salas da Deputación da Coruña a fase clasificatoria ao que acudiron,
como veñen facendo dende hai 2 cursos, un grupo de alumnas de 3º e 4º ESO
preparadas e acompañadas polo profesor de L. Galega, Xoan Barrio. Na presente
edición as alumnas, Alba Brage Varela, Noelia Calvo Tizón, Raquel Pérez Rivera
de 4º ESO e Raquel Santamariña Taboada de 3º ESO, realizaron 3 debates durante
o longo do día dos que gañaron 2, realizando unha defensa excepcional da súa
posición ben a favor ou en contra (por sorteo) do tema : "A maioría de
idade aos 16 anos?", manexando unha argumentación e unhas habilidades de
expresión oral e escrita formidables.
Parabéns a todo o equipo polo traballo ben feito e destacar
que a nosa alumna, Alba Brage, foi unha das 4 mellores debatistas desta
Edición.
miércoles, 4 de marzo de 2015
XA ESTÁ AQUÍ A " II EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS"
O equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca
Escolar (Carabela) do noso centro, organizan a II Edición do Concurso de "Portada de libros" para fomentar a
lectura en galego e a capacidade creativa do noso alumnado.
Aquí tedes as
bases. Veña animádevos a crear!!!!!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)