Nun día soleado, no que o tempo nos acompañou, o noso colexio celebrou a XV Carreira Quilómetros de Solidariedade, consolidándose como Centro Embaixador de Save The Children por décimo quinto ano consecutivo. Coma sempre, foi unha xornada chea de ilusión, esforzo e solidariedade.
Calzar as nosas zapatillas e correr por unha
causa solidaria é unha experiencia que merece a pena, xa que moitos nenos e
nenas en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar a vida das
máis vulnerables. O alumnado de infantil e primaria realizará a carreira no mes
de xuño, como remate do curso, xa que os estudantes de ESO estarán nese mes
inmersos nos exames finais.
Todo o recadado nesta iniciativa será enviado á ONG Save The Children, da que somos centro Embaixador desde hai 15 anos.
Queremos agradecer a participación de todo o alumnado e profesorado, así
como ás familias que patrocinaron a carreira coas súas doazóns. Tamén
agradecemos ao concello, á policía local de Ares e a protección civil a súa
colaboración e apoio.
Esta carreira é unha mostra do noso compromiso coas causas solidarias e unha oportunidade para ensinar ao noso alumnado o valor de axudar aos demais. Seguiremos traballando xuntos por un mundo máis xusto e solidario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario