👉A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva coa que se quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre.
👉O equipo de docentes do Seminario Galán comparte con toda a comunidade educativa os seus agardados materiais das Letras Galegas 2025, como xa apuntamos, dedicados ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral.
👉 Ademais dos recursos habituais (unidades didácticas, cartelaría, dípticos, marcapáxinas, escolmas de textos, cuestionarios...), inclúense documentos audiovisuais, retos de robótica, lupa máxica, xogos interactivos etc. adaptados a todos os niveis. Entre outras novidades, atoparedes tamén portadas e compilacións de cancioneiros que poden resultar moi útiles para empregar nas aulas.
No seguinte enlace podedes acceder a eles.
👉http://seminariogalan.org/inicio/2025/actividades
A continuación deixámosvos a foliada que imos
cantar e bailar no acto do Día das Letras Galegas que celebraremos o xoves 15 de
maio as 13.30 horas na pista do colexio.
Ide ensaiando porque o bailaremos TODOS/AS
xuntos ese día!!
LETRA
Miña naiciña, miña nai é beiladora
Non hai outra no lughar-e,
tamén
era a miña avoa, coñecida no beilar-e.
Miña nai do corazón-e
Aprendeume a punteada
Despois de pedirlle un ano, para ir á foliada
Ai lalela, ai lalela, ai lalela lela lela
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
Miña nai tirou un punto,
na
foliada do patrón-e
Inda hoxe andan os guapos
A buscarlle explicación-e
Ai lalela, ai lalela, ai lalela lela lela
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
Miña naiciña, meu corazón
Vente comigo a bailar ao salón
Ao salón si, ao salón non
Miña naiciña do meu corazón
Miña nai, miña naiciña...