Este ano, no noso colexio, a celebración do Día do Libro estivo chea de creatividade, entusiasmo e moito amor pola lectura. Para conmemorar esta data tan especial, o alumnado participou en diversas actividades que enriqueceron a nosa comunidade educativa.
Un dos momentos máis destacados foi a creación
dun fermoso mural, elaborado con moito cariño e talento polo noso alumnado, que
reflicte a importancia dos libros e da lectura nas nosas vidas. Ademais,
realizouse un concurso de marcapáxinas, onde os estudantes demostraron a súa
creatividade deseñando pezas únicas e coloridas que acompañarán as súas
lecturas.
Tamén se levaron a cabo diversas actividades lúdicas e culturais, entre elas, destacou a quinta edición do concurso de microrrelatos, unha iniciativa que invita á nosa rapazada a expresar as súas ideas en textos breves pero impactantes.
Tamén dende a Biblioteca Carabela un ano máis polo día do libro realizouse o III Desfile de Personaxes
de Contos que, coma sempre foi un éxito.
Grazas á participación de toda a comunidade
educativa, o Día do Libro no noso colexio foi unha xornada chea de inspiración ,
reafirmando o noso compromiso coa promoción da lectura como unha ferramenta
fundamental para o desenvolvemento persoal e académico.
¡Feliz Día do Libro a todos!
MARCAPÁXINAS GAÑADORES DO CONCURSO
No hay comentarios:
Publicar un comentario