sábado, 17 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025: AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR ORAL

Este ano o día das Letras Galegas está protagonizado polas cantareiras e as cantigas tradicionais galegas que preservaron a lingua galega por medio das súas cantigas, e crearon unha poesía popular transmitida de nais a fillas, de avoas a netas, e entre a veciñanza toda.

Para as representaren no Día das Letras Galegas foron escollidas Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeiras (Muxía), e Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños).

Hoxe coma homenaxe a todas elas imos interpretar e bailar a canción “O salón das cereixas” de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. Imos aló!




jueves, 15 de mayo de 2025

MANUEL RAMIL NO NOSO COLE

 Manuel Ramil: A paixón pola música e a loita polos nosos soños

Hoxe o noso centro tivo o pracer de recibir a un invitado moi especial: o músico, compositor e produtor aresán Manuel Ramil. Esta visita foi posible grazas aos departamentos de linguas, que convidaron a Manu a compartir a súa experiencia e traxectoria como músico co alumnado de 2º da ESO, dentro dun proxecto que están a facer.

Durante a charla, Manuel Ramil deixou unha mensaxe moi importante para todos nós: na vida, sempre debemos traballar para acadar os nosos soños. Animounos a dedicarnos a facer o que nos gusta, porque cando o fas, a sensación de que non estás a traballar realmente é moi grande. Ter unha vocación e poder dedicarse a ela é unha parte fundamental da felicidade na vida.

Manu contou a súa propia historia, desde os seus comezos de neno, cando comezou a tomar clases de solfeo e piano. Aínda que se licenciou en ciencias políticas en Santiago de Compostela, a súa verdadeira paixón era a música. Durante a súa etapa de estudante, formou parte da banda Torquemada e comezou a tocar en bares e pubs, aínda que o seu pai non estaba moi dacordo con que intentara dedicarse a iso. Pero Manu non se rendeu e, pouco a pouco, pasou de tocar en pequenos festivais a cumprir o seu soño de tocar con bandas profesionais en países como España, México, Colombia e América.

WarCry, Mägo de Oz, Avalanch, Delalma…son algunhas das bandas nas que Manu Ramil desenvolveu e desenvolve a súa faceta como músico, compositor e produtor. Ademais, creou un proxecto de cancións personalizadas chamado "Cancións de Colores para a Guagua" coa que tamén colabora.  Xa vedes que traxectoria máis apaixonante!

Manu tamén nos convidou a visitar o seu estudio de gravación e incluso a facer algunha cousíña alí, o que nos pareceu unha oportunidade incrible.

Para rematar, quixemos agradecer a Manu Ramil pola súa visita, polos seus consellos e por aportarnos tanto coa súa experiencia. A súa historia e palabras deixaron unha pegada moi forte en todos nós, e estamos desexando seguir os seus consellos e traballar polos nosos soños.





lunes, 5 de mayo de 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025. AS CANTAREIRAS E A POESÍA POPULAR ORAL

👉A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). É unha representación colectiva coa que se quere recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña a nosa sociedade desde sempre. 

👉O equipo de docentes do Seminario Galán comparte con toda a comunidade educativa os seus agardados materiais das Letras Galegas 2025, como xa apuntamos, dedicados ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral.
👉 Ademais dos recursos habituais (unidades didácticas, cartelaría, dípticos, marcapáxinas, escolmas de textos, cuestionarios...), inclúense documentos audiovisuais, retos de robótica, lupa máxica, xogos interactivos etc. adaptados a todos os niveis. Entre outras novidades, atoparedes tamén portadas e compilacións de cancioneiros que poden resultar moi útiles para empregar nas aulas.

No seguinte enlace podedes acceder a eles.

                           👉http://seminariogalan.org/inicio/2025/actividades

 A continuación deixámosvos a foliada que imos cantar e bailar no acto do Día das Letras Galegas que celebraremos o xoves 15 de maio as 13.30 horas na pista do colexio.

Ide ensaiando porque o bailaremos TODOS/AS xuntos ese día!!




LETRA

Miña naiciña, miña nai é beiladora

Non hai outra no lughar-e,

 tamén era a miña avoa, coñecida no beilar-e.

 

Miña nai do corazón-e

Aprendeume a punteada

Despois de pedirlle un ano, para ir á foliada

Ai lalela, ai lalela, ai lalela lela lela

 

Miña naiciña, meu corazón

Vente comigo a bailar ao salón

Ao salón si, ao salón non

Miña naiciña do meu corazón

 

Miña nai tirou un punto,

 na foliada do patrón-e

Inda hoxe andan os guapos

A buscarlle explicación-e

Ai lalela, ai lalela, ai lalela lela lela

 

Miña naiciña, meu corazón

Vente comigo a bailar ao salón

Ao salón si, ao salón non

Miña naiciña do meu corazón

 

Miña naiciña, meu corazón

Vente comigo a bailar ao salón

Ao salón si, ao salón non

Miña naiciña do meu corazón

 

 

Miña naiciña, meu corazón

Vente comigo a bailar ao salón

Ao salón si, ao salón non

Miña naiciña do meu corazón

 

Miña nai, miña naiciña...


SE CANTO É PORQUE QUERO

A Real Academia Galega (RAG) difunde a súa produción da miniserie documental das Letras Galegas 2025 Se canto é porque quero. Xa pode verse en academia.gal e na canle de Youtube institucional. A proposta audiovisual dedicada ás cantareiras e á poesía popular oral destaca a riqueza dun tesouro cultural creado colectivamente polo pobo, especialmente por mulleres como as sete nas que a RAG personifica a celebración do vindeiro 17 de maio, e partindo do pasado reivindica o futuro dunha tradición chea de vida que están a reinterpretar as novas xeracións. 

A RAG irá publicando nas vindeiras semanas máis contidos divulgativos arredor do Día das Letras Galegas na sección da súa web centrada na gran festa da cultura galega (https://academia.gal/letras-galegas/2025/cantareiras). Incorporará tamén novas actividades interactivas á web de Primavera das Letras.

viernes, 2 de mayo de 2025

ENTREGA DE PREMIOS DO V CONCURSO DE ESCRITURA CREATIVA DE MICRORRELATOS

 🔷 O salón de actos da Alianza Aresana acolleu este mércores, 30 de abril,  a entrega de galardóns pola quinta edición do Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos, unha iniciativa orientada a promover a escrita entre a nosa rapazada 📝.

🔷 Tras as deliberacións e posta en común das súas perspectivas, despois de ler os 81 textos presentados entre as dúas modalidades de Primaria e ESO, o xurado decidiu outorgar os primeiros premios a André Benito Martínez (Primaria), co microrrelato ‘A Carballeira’, unha historia cun marcado carácter medioambiental, e a Paula Hermida Pena (Secundaria) por ‘A resposta perdida’, facendo fincapé no seu estilo lírico. Ambos recibiron unha tablet/ebook acompañando ao galardón.

🔷 Xunto con eles, o xurado tamén designou aos finalistas de cada categoría, recibindo neste caso un lote de libros como premio do certame literario. ‘Os nenos muiñeira’, de Luca Endres Calvo (Primaria), e ‘Aquel paxaro que non voa ben’, de Adrián Vidal Díaz (Secundaria) obtiveron así o recoñecemento nesta quinta edición.

🔷 No acto de presentación, Alma Barrón 👤, concelleira de Cultura, trasladou os seus parabéns ós rapaces e rapazas -algúns deles representados polos seus familiares nesta entrega de premios- e tamén resaltou a relevancia de incentivar a expresión artística a través da escritura na comunidade educativa de Ares, o principal obxectivo deste certame. 

🔷 O xurado estivo composto por Rocío Pena, Marina González e Yolanda Castro, por parte do colexio aresán, e o xornalista e escritor Pablo J. Rañales, tomando como criterios de selección dos textos a orixinalidade das temáticas, a claridade expresiva, os trazos estilísticos na escrita ou a solidez da estrutura,

👏 👏 Parabéns, e a continuar escribindo! ✍️