🔷 O salón de actos da Alianza Aresana acolleu este mércores, 30 de abril, a entrega de galardóns pola quinta edición do Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos, unha iniciativa orientada a promover a escrita entre a nosa rapazada 📝.
🔷 Tras as
deliberacións e posta en común das súas perspectivas, despois de ler os 81
textos presentados entre as dúas modalidades de Primaria e ESO, o xurado
decidiu outorgar os primeiros premios a André Benito Martínez (Primaria), co
microrrelato ‘A Carballeira’, unha historia cun marcado carácter
medioambiental, e a Paula Hermida Pena (Secundaria) por ‘A resposta perdida’,
facendo fincapé no seu estilo lírico. Ambos recibiron unha tablet/ebook
acompañando ao galardón.
🔷 Xunto con
eles, o xurado tamén designou aos finalistas de cada categoría, recibindo neste
caso un lote de libros como premio do certame literario. ‘Os nenos muiñeira’,
de Luca Endres Calvo (Primaria), e ‘Aquel paxaro que non voa ben’, de Adrián
Vidal Díaz (Secundaria) obtiveron así o recoñecemento nesta quinta edición.
🔷 No acto de presentación, Alma Barrón 👤, concelleira de Cultura, trasladou os seus parabéns ós rapaces e rapazas -algúns deles representados polos seus familiares nesta entrega de premios- e tamén resaltou a relevancia de incentivar a expresión artística a través da escritura na comunidade educativa de Ares, o principal obxectivo deste certame.
🔷 O xurado estivo composto por Rocío Pena, Marina González e Yolanda Castro, por parte do colexio aresán, e o xornalista e escritor Pablo J. Rañales, tomando como criterios de selección dos textos a orixinalidade das temáticas, a claridade expresiva, os trazos estilísticos na escrita ou a solidez da estrutura,
👏 👏 Parabéns, e a continuar escribindo! ✍️
No hay comentarios:
Publicar un comentario