Este 2025 é o Ano Castelao, unha data moi especial que conmemora o 75º aniversario do pasamento do noso ilustre escritor, político e artista, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Sen dúbida, Castelao é unha das figuras máis importantes da Galicia contemporánea, un referente que, xunto con Rosalía de Castro, marcou a historia e a cultura da nosa terra.
Rosalía de Castro, no século XIX, e Castelao,
no século XX, representan os dous grandes piares da galeguidade. Ambos foron
pioneiros na defensa da nosa lingua, cultura e identidade, e o seu legado segue
vivo na nosa sociedade.
Este aniversario busca unir a toda a sociedade
galega en torno ao seu legado cultural, político e artístico, así como promover
o uso da lingua galega e valorar a súa importancia na nosa historia. É unha
oportunidade para aprender, recordar e valorar a figura de Castelao, que tanto
fixo por Galicia.
No noso centro, conmemoramos esta data con
ilusión e respecto, organizando unha exposición sobre a vida e obra do egrexio
rianxeiro. Poderemos ver libros, cadernos e debuxos que nos axudarán a coñecer
mellor a súa figura e a súa aportación á cultura galega. Ademais, realizaremos
actividades nas aulas que nos permitirán estudar, reflexionar e celebrar a súa
memoria, facendo que o seu legado siga vivo entre nós.
Achegamos distintos recursos sobre a
celebración do ano Castelao por se é do voso interese e querédelo aplicar nas
aulas.
1.Recursos Ano Castelao 2025. Formato PDF
2.Recursos Ano Castelao 2025. Formato Calameo
ACTIVIDADE REALIZADA POLO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA PARA O ALUMNADO
No hay comentarios:
Publicar un comentario