Onte os nenos e nenas de infantil do noso cole desplazáronse, xunto coas súas
profes, ata o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro para coñecelo de preto.
Da man dos voluntarios culturais da Asociación de Amigos de Santa Catalina,
puideron coñecer as características da construción, as distintas estancias do
mosteiro, as diferenzas entre estas e un castelo e os vestixios militares que
aínda perduran nela. Tamén puideron visitar o Centro de Interpretación do
mosteiro, recentemente rehabilitado.
Esta actividade é unha colaboración entre o CPI As Mirandas e A
Asociación de amigos de Santa Catalina que ten entre os seus obxectivos
promover a divulgación do patrimonio de Montefaro.
Proximamente os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria
volverán ata Santa Catalina para, como en anos anteriores, repoboar o buxo dos
xardíns do mosteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario