Comezamos
a primaveira e, que mellor xeito de recibila que repoboando con buxo os xardíns
do Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. Así, os nenos e nenas de 2º
de primaria coas súas profes Pamen e Mamen, achegaronse ata Montefaro onde os
estaban a esperar Celsa e os seus compañeiros da AAMSC para continuar a
labor emprendida fai xa catro anos na que nos comprometemos a coidar e
manter os xardíns de Santa Catalina.
Tamén
aproveitaron a xornada para visitar o Centro de Interpretación do mosteiro,
recentemente rehabilitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario