Previamente, a nosa
profesora, Ángela, mostrounos conceptos, léxico e un vídeo con información
básica para entender o funcionamento dun xuízo e entrar en contacto coa xerga
propia deste ámbito e coñecer de forma directa como se imparten as leis no noso
país.
Durante a visita, o
alumnado tivo a oportunidade de percorrer algunhas instalacións do edificio e
de asistir como público a varios xuízos reais. Isto permitiulles observar con
atención como se desenrola unha vista oral, como actúan os xuices e xuízas, fiscais,
avogados e resto das persoas que forman parte do proceso xudicial.
Unha vez na sala a
xuiza dounos unha charla introdutoria sobre o que iamos ver, despois
celebráronse varios xuizos: un roubo nunha tenda, ameazas, unha agresión...
Todos tiñan unha estrutura definida: primeiro declaraba a parte demandante,
logo os testemuñas (se os había) e, por último, a parte demandada, que
declaraba e respondía ás preguntas do fiscal. Nalgunha ocasión a xuíza nos
explicaba ou aclaraba cuestións sobre estes delitos.
Grazas a estas
explicacións puideron comprender mellor o concepto como a xustiza,
os dereitos das persoas e a importancia de respectar as normas que nos permiten
convivir en sociedade.
A experiencia foi moi
interesante e reveladora. Aprendimos moito sobre a importancia e o
funcionamento do sistema xudicial. Así puidemos valorar mellor o traballo dos
que se dedican a garantir a xustiza na nosa sociedade.