Esta semana Martín de 2º de ESO danos a previsión do tempo cara aos vindeiros días. Ah, e lembrade que a madrugada do sábado ao domingo tedes que retrasar os reloxos unha horiña.
▼
domingo, 29 de octubre de 2017
miércoles, 25 de octubre de 2017
VIII Día da Ciencia en Galego 2017!
A ONU declarou o ano 2017 como o Ano Internacional do
Turismo Sostible , nós traducímolo a 2017-Viaxes pola Ciencia nas que vos
convidamos a participar:
-Celebrando a Viaxe do Beagle, a viaxe científica de Darwin
que cambiou a maneira de pensar sobre a orixe das especies, a evolución e o
papel da xenética neste proceso. A Bioloxía fíxose intelixible e adquiriu unha
historia de miles de millóns de anos de evolución, marcada tamén pola evolución
xeolóxica.
-Celebrando as Viaxes de Domingo Fontán para elaborar con
métodos modernos, matemáticos e exactos o primeiro mapa actual de Galicia. É un
dos referentes dos científicos galegos, e coa súa Carta Xeométrica coida e mima
co seu saber a nosa terra como poucos.
-Realizando actividades de Ciencia no Camiño de Santiago, unha
viaxe sostible onde as haxa.
-Actividades coa tecnoloxía viaxeira, como o GPS, SIX...
Saídas ao campo. Que tal un debuxo xigante, como os de Nazca, dun labirinto
galego de Mogor, ou un misterioso triskel nas leiras de millo ou prados, de
apariencia extraterrestre?
-Proxectando o Ano Internacional a outras ciencias: en
Xeografía os mapas- que nunca poden faltar nas viaxes-, en matemáticas as
proxeccións, en Tecnoloxía GPS e App inventor... Queremos facer convosco unha
base de datos latitude/lonxitude dos lugares da nosa cultura, románico,
igrexas, fervenzas, vexetación e flora, da fauna e pesca que coñezades.E non só
iso senón as festas, música, todo aquilo que queirades xeoreferenciar na vosa
zona: o voso queixo ou o voso pan...
Un traballo que merece todo un ano para el...
Un grande abano de posibilidades para ir preparando:
-Manexar o GPS, Entender o sistema de coordenadas GPS e os
sistemas de visualización xeográfica como GoogleMaps ou Openstreetmaps.
-Experiencias relacionadas coa orientación. Recrear os
primeiros compases cunha agulla imantada sobre unha cortiza flotando nun
recipiente con auga…
-Expoñer no centro
educativo a serie de carteis sobre Darwin e a Evolución.
-Enviar algunhas fotos a nova carta a través da app
novacarta (que está en novacarta.eu) ou enviando todas as do centro con
xeolocalización de cada unha ou grupo, cos enlaces correspondentes á galipedia,
ás páxinas do Concello ou a todas aquelas que consideredes relevantes para
describir o lugar do voso concello.
Como podedes ver no apartado de premios en
novacarta, solícitase que haxa un profesor responsable que canalice a
participación do alumnado e os motive para
que resalten aquilo que consideran un lugar único e mítico e digno de
ser coñecido en toda Galicia e p or todos os centros. Os dez mellores en
cantidade e calidade recibirán un premio en metálico e outros corenta recibirán
a revista de Igaciencia sobre a luz. Ver http://novacarta.eu/gl/node/7 (ao
final) e http://novacarta.eu/gl/node/8
-Buscar en novacarta.eu as paisaxes e os miradoiros do norte
de Galicia que os fan famosos. O modernismo de Ferrol. A poesía galega ligada á
posición xeográfica. Comparar as distintas versións en distintas linguas da
galipedia. Facer unha composición, por exemplo, sobre o cabo e faro Vilán
despois de buscalo en Novacarta e explicar porque a súa grandeza ben pode ser
símbolo de Galicia.
-Apuntarse en http://www.igaciencia.eu/?q=content/colabora-eou-participa para
colaborar en novacarta.eu ou en cienciaengalego.org
sábado, 14 de octubre de 2017
SELECCIONADOS PARA O PROXECTO VIDAS MARIÑEIRAS
CPI As Mirandas (Ares) , O CPI A Xunqueira (Fene), o e o IES
Breamo (Pontedeume) son os tres centros de ensino público cuxos proxectos
audiovisuais inaugurarán o programa formativo Vidas Mariñeiras 2017, que dá
comezo este mesmo mes de outubro coordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte.
En «De corazón, mariñeiro» atoparemos a Vituco,
experimentado científico e submarinista que se considera a si mesmo un
mariñeiro máis. Percorreremos o curso do Eume até a súa desembocadura no océano
Atlántico, atentos a como as augas configuran a paisaxe e os nosos propios
hábitos («Entre dúas augas: o Eume e o mar»). Haberá tempo tamén para a
reflexión histórica sobre o rol das mulleres na vila mariñeira de Ares ao longo
do século XX («Marea de mulleres»). Esta é unha pequena e suxerente mostra do
que nos deparan os proxectos que veñen de presentar os alumnas e alumnas dos
centros seleccionados para participar en Vidas Mariñeiras 2017, que entre os
meses de outubro e decembro deste ano achegará ás aulas un programa de
formación audiovisual que dará como resultado senllas curtametraxes realizadas
polo alumnado.
O programa foi recibido con moito interese polos centros de
ensino da contorna do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo
Ártabro Norte, e moitos deles coordinaron grupos de alumnas e alumnos para
presentar un proxecto ao concurso publicado nesta mesma web o pasado mes de
setembro. Porén, nesta primeira edición os coordinadores do programa
limitáronse a tres proxectos para garantir unha formación de calidade e
personalizada de cada grupo participante.
O alumnado recibirá unha formación práctica e teórica básica
que lle permitirá desenvolver con autonomía todas as fases de produción dun
filme, desde a primeira escaleta até as correccións de cor e masterizado das
pezas resultantes. Estas tres curtametraxes, ademais, poderán verse no mes de
decembro nun pase aberto ao público nos Cines Duplex de Ferrol, e xa en xaneiro
de 2018 na filmoteca galega, o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI, A
Coruña).
PREVISIÓN DO TEMPO DA FIN DE SEMANA
Voltamos de novo coa previsión do tempo da fin de semana, realizada dende o noso cole. Hoxe é Judith a que nos informa sobre o tempo que imos ter nos vindeiros días.
CONCIENCIÁMONOS CO MEDIOAMBIENTE
Hoxe remataron as charlas de concienciación medioambiental
propostas pola Asociación Cultural e Deportiva Scuba Ares. Aprendimos a
importancia de manter o noso ecosistema mariño limpo e sen residuos. Para iso
nos amosaron uns vídeos moi divertidos e seleccionamos o lixo para tiralo nos
colectores axeitados.
Mañá, sábado, de 10:00 a 14:00 nos esperan para facer
limpeza na praia de Ares.
Os nenos e nenas podemos cambiar o mundo!
miércoles, 11 de octubre de 2017
I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL DO CONCELLO DE ARES
O Concello de Ares a través da súa concellería de cultura
organiza o I Concurso de fotografía xuvenil do noso concello, do que sairán as
6 fotografías que se incorporarán ao calendario municipal do 2018 que se
distribúe entre toda a veciñanza e comarca.
O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a utilizar
a nosa contorna como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes,
despertanto a capacidade de observar
todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que
dean conta do seu vencellamento como memoria colectiva desta vila. En
concreto, invítase a fotografiar espazos, lugares, obxectos, actos e situacións
da nosa contorna que consideren parte da súa identidade.
Quen pode participar?: Xente nova de 8 a 18 anos empadroada
en Ares.
Cómo participar?:
Poderanse enviar un máximo de dúas fotografías en formato dixital e sen
retocar ao enderezo electrónico: concursofotografia@concellodeares.com.
Xunto ás fotografías remitirase o formulario de solicitude de participación e
de identificación das fotografías cubertos, asinados e escaneados.
Prazo de entrega: Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)
Prazo de entrega: Dende o luns 16 de outubro ata o luns 6 de novembro ás 19.30 (ambos inclusive)
De tódolos xeitos aquí deixamos as bases completas do
concurso.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!
lunes, 2 de octubre de 2017
PINOCCHIO SON EU
O venres 29 de
setembro os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de educación primaria saímos de visita á Casa da Cultura de Pontedeume. Alí nos esperaban Nino "Pinocho" e os seus pais para amosarnos unha
marabillosa exposición educativa de arte.
Unha visita guiada onde nos permitiron experimentar grandes momentos da fantástica aventura de Carlo Collodi xunto coas
obras orixinais e interactivas realizadas en papel e cartón, pola artista Catarina Capim.
Pasámolo xenial!!