sábado, 29 de mayo de 2010

ENTREGA DOS PREMIOS DO “PREGUNTÓN” E MARCAPÁXINAS .

Entregados os premios aos gañadores e finalistas do " Preguntón" e do Concurso de Marcapáxinas realizado co gallo do Día do Libro. Noraboa a todos/as. A continuación tedes a reportaxe do acto.

Os diplomas
Os agasallos

Yolanda, Luisa e Xoán entregaron os premios

Martin, uns dos gañadores do Concurso de Marcapáxinas

Cristina e Laura, gañadoras do "Preguntón"

Miguel e María, primeiros finalistas do "Preguntón"


Martín e Julián, segundos finalistas do "Preguntón"

                                       








sábado, 15 de mayo de 2010

17 MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS

Uxío Novoneyra: “O poeta do Courel”. (1930-1999)

Neste ano 2010, adicase a Uxío Novoneyra aquel poeta excepcional, o da poesía íntima e paisaxística, pero tamén combativa: Os Eidos, Muller ao lonxe, Elexías do Caurel e outros poemas, Viet Nam canto, Letanía de Galicia, Poemas caligráficos, Os Eidos 2, Do Courel a Compostela, entre outros, demostraron dabondo a súa valía poética. 

Novoneyra desenvolveu un importante labor como recitador, tarefa na que foi un consumado mestre. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega e está considerado un clásico por lectores e crítica, chegando ao cumio da poesía galega de todos os tempos.

“Eu era fillo dunha terra e dun pobo que a moldeaba de acordo á súa paisaxe, coa súa estética, e tamén era fillo de todos os pobos do mundo”, dicía Eugenio Novo Neira cando aínda non era coñecido como Uxío Novoneyra. Uxío, que foi como lle chamou Anxel Fole, e Novoneyra, pola costume da xente a xuntar os dous apelidos, cousa que a el nunca lle disgustou.

“Courel dos tesos cumes que ollan ao lonxe! Eiquí síntese ben o pouco que é un home…”, dicía sobre da Serra do Courel que tanto coñecía, no ano 1952, tres anos antes de editar “Os eidos, libro do Courel”

Agardando e desexando que o Día das Letras Galegas sexan todos os días, para todas e para todos, unha forte e agarimosa aperta poética e de irmandade.
Máis información : Accede á biografía completa dun dos máis destacados poetas do Século XX, a través das seguintes Webs:

Déixovos un vídeo co poema Viet Nam canto coa voz de Uxio Novoneira




O noso centro conmemorou esta data tan especial realizando varias actividades durante a semana do 10 ao 14 de Maio:
1.-Colocacion e visita á exposición sobre Uxío Novoneyra, nos corredores do edificio de Secundaria. Os cartaces desta exposición son os traballos que resultaron gañadores no concurso-exposición das letras galegas, promovido pola SXPL.

2.- Traballos e realización de muráis sobre a figura de Uxío Novoneyra.


Mural feito polos alumnos de primaria

                                             

jueves, 13 de mayo de 2010

XORNADAS DE DEPORTE ESCOLAR











Participamos como outros anos nas xornadas de deporte cos coles de Mugardos, Franza e Andrade. Aquí poñemos algunhas imaxes.

miércoles, 12 de mayo de 2010

REMATOU O PREGUNTÓN


Parabéns a todos/as queridos preguntóns, fixéstelo moi ben. Xa sabedes, para o próximo curso máis… Agora tedes que poñer toda vosa capacidade en estudar moito e preparar o final de curso.
Noraboa aos gañadores e  grazas a todos os participantes polo voso interese, polo voso ánimo e pola vosa curiosidade de "preguntóns". 

Gañadoras : Cristina Montenegro Varela e Laura Sánchez Fernández ( 2º ESO).
1º Finalistas: Miguel Piñeiro Sarmiento e María Saavedra Rico (3º ESO).
2º Finalistas: Martín Pérez Sarmiento e Julián Sixto Sánchez (1º ESO).

jueves, 6 de mayo de 2010

O CLUBE DE REMO DE ARES, CAMPIÓN DE ESPAÑA DE BATEIS

O Clube de Remo de Ares proclamouse Campión de España de Bateis, na categoría de Promesas Feminino.
Un merecido premio a un gran esforzo. Noraboa a vosa compañeira María Saavedra (3º B)  e as súas compañeiras de tripulación.. Estamos todos moi orgullosos/as!!!!

Aquí vos deixamos o video da regata.

                              

CONCURSO MARCAPÁXINAS. DÍA DO LIBRO

Co gallo do Dia do Libro o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística  organizou no noso centro un concurso de marcapáxinas. A verdade é que a participación foi extraordinaria e a calidade dos traballos presentados excelente, tanto é así, que ao xurado resultoulle moi difícil elixir os gañadores e finalistas.

Felicitamos e damos os nosos parabéns a todo o alumnado participante e en especial a….

GAÑADORES:
4º ESO: Aldara
3º ESO: Vanesa López Vila
2º ESO: Carmen Díaz
1º ESO: Martin Rokkones

FINALISTAS
4º ESO: Andrea Pérez
3º ESO: Almudena Cepero
2º ESO: Cristina Montenegro
1º ESO: Yaiza Loureiro

Aquí tedes unha mostra dá exposición